O Home detrás do pincel

Sobre Julio

Julio é unha personaxe habitual do seu natal barrio da Milagrosa, en Lugo. Cando fundou o Café Bianco pasou a ser un coñecido hosteleiro da capital lucense.
Durante os seus anos na hostelería sempre estivo namorado do arte. Comezou colgando das paredes do seu local obras de calidade de recoñecidos artistas lucenses e incluso de novos artistas, sendo moitos deles clientes do seu local. É así como comeza a súa andadura no arte, de maneira tardía pero con moita ilusión e enerxía.
É o coñecer a López Guntín e tras expoñer este cadros no seu local cando comeza a visitalo no seu estudo, pasando tardes enteiras vendo como traballaba e comezando a realizar os seus primeiros traballos. Ó coñecer que outros artistas famosos tamén deron o salto de forma tardía lanzouse con gañas a crear o seu estilo influido por autores como Lago Rivera e Tino Grandío.

Últimas noticias